A finais do ano 2003, publícase o “Libro Branco do Cooperativismo en Galicia” e nel póñense de manifesto uns datos altamente preocupantes:

A elevadísima taxa de mortalidade das cooperativas de traballo asociado.

Unha redución sustancial do número de cooperativas creadas desde o ano 2000.

Dentro do Plan Estratéxico para o Cooperativismo Galego estrutúranse unha serie de liñas de traballo de cara ao bienio 2005/06 que pretenden precisamente mellorar os procesos de creación e consolidación das novas cooperativas e, consecuentemente, reducir os índices de mortalidade infantil das mesmas , estabelecendo unha política asistencial previa á posta en marcha do proxecto. Pero, son suficientes as medidas propostas neste Plan ?

Napoleón Bonaparte, chegou a dicir que en toda empresa hai que dar dous terzos á razón e un ao azar. Porén, no mercado global que nos ten tocado vivir hai múltiples variábeis que condicionan a viabilidade dun proxecto empresarial cooperativo.

Con estos antecedentes, en 2004 desde a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado EIXO, decidimos promover un programa de investigación denominado CONFIGURA, cuxos resultados presentamos de forma pública nunha xornada celebrada o mes de Outubro 2005 en Vigo e neste documento, co obxectivo de procurarmos e identificarmos cualitativa e cuantitativamente as dificultades dos/as emprendedores/as cooperativos/as de traballo asociado en Galiza, á hora de poren en marcha un proxecto empresarial constituido entre 2001 e 2003, para con posterioridade elaborar unha estratexia que permita fomentar o nacemento de novas cooperativas de traballo asociado en maior número e mellores condicións, e consolidar as mesmas os primeiros anos de vida. Tamén procúrase definir unha serie de vacinas que contrarresten e minoren os riscos que supón a incursión no mercado deste tipo de sociedades.

Non quixera fechar este limiar, sen agradecer a colaboración das cooperativas que participaron neste programa, das seguintes entidades e personas que de forma desinteresada colaboraron nos paneis de expertos/as desenvolvidos no decurso da investigación e na xornada de presentación da mesma:


> Manuel Pérez Losada (Consellaría de Traballo, Dirección Xeral de Relacións Laborais).

> Ana Rosa Lorenzo Vila (Socia traballadora de Cidadania Rede de Aplicacións Sociais S. Coop. Galega, e especialista en organización cooperativa).

> Jorge Fente Balsa (Socio Traballador de Cidadanía Rede de Aplicacións Sociais, S.Coop.Galega).

> Constantino Gago Conde (Socio de Xedega, S. Coop. Galega e consultor de cooperativas de traballo asociado)

> Mar Pernas Márquez (Xerente da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado UGACOTA).

> Manuel Rivera Iglesias (Socio de Asociación de Economía Social Briante e especialista en cooperativismo e desenvolvemento local).

> Isabel Sánchez Cabanelas (Letrada da Federación de Cooperativas SINERXIA).

> Xose Lois Lamazares Vence, (Consultor cooperativo e axente de desenvolvemento local do Concello de Pontevedra 1999-2004)

>
Carlos Palleiro Alvárez ( Director do Instituto de Desenvolvemento de Caixanova).



Tamén, cómpre sinalar que o traballo de campo foi realizado por CIDADANIA, S.Coop.Galega e na coordinación e dirección do proxecto prestounos a súa colaboración:

> Ramón Rodríguez Padin (Técnico de SINERXIA).

José Antonio Pérez González - Director de Configura