ALGALIA S. COOP. GALEGA

Rúa Faisán 7, entresollado A. 36206.Vigo-Pontevedra.
Tel. e Fax: 986 37 95 87
e-mail:
algalia@algalia.com

PRESENTACIÓN

ALGALIA S. COOP. GALEGA é unha entidade de economía social promovida desde 1994 cunha dilatada traxectoria no asociacionismo e con procedencia do ámbito da xestión da formación e da organización de eventos.

ALGALIA S. COOP. GALEGA ten a vocación por contribuir á mellora contínua do sector non lucrativo, así como a afortalar a dinámica da sociedade civil.

ACTIVIDADE ECONÓMICA E SERVIZOS QUE DESENVOLVE

A Cooperativa articúlase en dúas areas :

  • Departamento de Consultoría, coas Áreas de Planificación Estratéxica, de Formación, Calidade e de Dinamización do Terceiro Sector.
  • Departamento de Asesoría, coas Divisións de ONLs (organizacións non lucrativas) e de PEMES (pequenas e medianas empresas).