
CEM, S. COOP. GALEGA
Educación e Servizos Ambientais
|
Av. Calvo Sotelo, 43. 15004. A Coruña - A Coruña
Tel.: 981 265 640/ Fax.: 981 26 56 16
mail: cemcoop@mundo-r.com
PRESENTACIÓN
CEM, S. COOP. GALEGA constituíuse como empresa cooperativa no ano 1992 aínda que o cerne deste proxecto xa tiña varios anos de percorrido. En Galicia foi a pioneira do traballo profesional no ámbito da educación ambiental.
Os piares básicos na filosofía de cem son o decidido compromiso coa conservación do medio ambiente, tanto a nivel local como global, a coherencia ambiental no desenvolvemento das actuacións e servizos, e un fondo compromiso coa cultura, o patrimonio e a lingua galega.
Apostamos polo modelo cooperativo porque reflicte tamén o noso compromiso cos máis importantes valores sociais destes tempos: solidariedade, xustiza social, igualdade...
Co noso traballo pretendemos proporcionar á sociedade recursos orientados a conquerir que as persoas respecten, valoren e conserven o medio ambiente para acadar un desenvolvemento ecolóxico e social máis equilibrado.
ACTIVIDADE ECONÓMICA E SERVICIOS QUE DESENVOLVE
> Educación ambiental
- Xestión de equipamentos ambientais (aulas de natureza, centros de visitantes…)
- Deseño e realización de programas de educación ambiental (escolas, concellos.....)
- Campañas de sensibilización ambiental.
- Cursos de formación de formadores
- Obradoiros de medio ambiente e artesanía.
- Estancias de educación ambiental.
- Itinerarios ambientais.
> Divulgación e interpretación ambiental
- Deseño de materiais educativos. (Unidades didácticas, xogos, ...)
- Deseño e elaboración de exposicións ambientais.
- Deseño de centros de interpretación, ecomuseos, centros de visitantes.
- Xestión e dinamización de procesos de participación pública
( Estratexia Galega de Educación Ambiental, Axendas 21....)
- Deseño e producción de CD Multimedia e xogos interactivos.
- Deseño e sinalización de itinerarios ambientais.
- Publicacións diversas (guías de Parque Naturais, folletos ambientais...)
> Estudio e planificación do medio ambiente
- Estudios ambientais de flora e fauna.
- Proxectos educativos e técnicos de aulas de natureza e outros equipamentos.
- Proxectos de uso público de espacios naturais e do patrimonio. |