CEM, S. COOP. GALEGA

Educación e Servizos Ambientais

Av. Calvo Sotelo, 43. 15004. A Coruña - A Coruña
Tel.: 981 265 640/ Fax.: 981 26 56 16

mail: cemcoop@mundo-r.com

PRESENTACIÓN

CEM, S. COOP. GALEGA  constituíuse como empresa cooperativa no ano 1992 aínda que o cerne deste proxecto xa tiña varios anos de percorrido. En Galicia foi a pioneira do traballo profesional no ámbito da educación ambiental.

Os piares básicos na filosofía de cem son o decidido compromiso coa conservación do medio ambiente, tanto a nivel local como global, a coherencia ambiental no desenvolvemento das actuacións e servizos, e un fondo compromiso coa cultura, o patrimonio e a lingua galega.

Apostamos polo modelo cooperativo porque reflicte tamén o noso compromiso cos máis importantes valores sociais destes tempos: solidariedade, xustiza social, igualdade...

Co noso traballo pretendemos proporcionar á sociedade recursos orientados a conquerir que as persoas respecten, valoren e conserven o medio ambiente para acadar un desenvolvemento ecolóxico e social máis equilibrado.


ACTIVIDADE ECONÓMICA E SERVICIOS QUE DESENVOLVE

> Educación ambiental

- Xestión de equipamentos ambientais (aulas de natureza, centros de visitantes…)

- Deseño e realización de programas de educación ambiental (escolas, concellos.....)

- Campañas de sensibilización ambiental.

- Cursos de formación de formadores

- Obradoiros de medio ambiente e artesanía.

- Estancias de educación ambiental.

- Itinerarios ambientais.

> Divulgación e interpretación ambiental

- Deseño de materiais educativos. (Unidades didácticas, xogos, ...)

- Deseño e elaboración de exposicións ambientais.

- Deseño de centros de interpretación, ecomuseos, centros de visitantes.

- Xestión e dinamización de procesos de participación pública

( Estratexia Galega de Educación Ambiental, Axendas 21....)

- Deseño e producción de CD Multimedia e xogos interactivos.

- Deseño e sinalización de itinerarios ambientais.

- Publicacións diversas (guías de Parque Naturais, folletos ambientais...)

> Estudio e planificación do medio ambiente

- Estudios ambientais de flora e fauna.

- Proxectos educativos e técnicos de aulas de natureza e outros equipamentos.

- Proxectos de uso público de espacios naturais e do patrimonio.