Cidadania S. Coop. Galega

Rúa Corredoira das Fraguas 5, 1º esquerda. 15703.
Santiago de Compostela - A Coruña
Tel.: 981 58 92 69 Fax: 981 55 47 51
e-mail:
cidadania@cidadania.coop

PRESENTACIÓN E SERVIZOS QUE OFRECE

Cidadania é unha empresa cooperativa constituída por un equipo interdisciplinario de profesionais do ámbito das ciencias sociais, pioneira en Galicia na integración de investigación, participación cidadá, planificación pública e xeración de capital social.

O noso principio inspirador é a activación da participación como metodoloxía innovadora de xestión e mellora organizativa, como vía de desenvolvemento sociocomunitario, e como finalidade democrática de implicación e corresponsabilización da cidadanía nas decisións colectivas.

Cidadania realiza investigacións en diferentes áreas temáticas e desenvolve todo o proceso de investigación, desde a producción de información ata a súa análise e a elaboración de conclusións operativas.