Renavi S. Coop. Galega
|
Reparacións navais
|

Avda. Beiramar 45. 36202. Vigo – Pontevedra
Tel.: 986 20 53 83/ Fax: 986 20 53 83
e-mail: renavi@renavi.e.telefonica.net
Web: www.renavi.e.telefonica.net/empresa.htm

PRESENTACIÓN

Renavi foi fundada en 1994 por obreiros con máis de 20 anos de experiencia na reparación e mantemento do sector naval e industrial.

ACTIVIDADE ECONÓMICA E SERVIZOS QUE DESENVOLVE

A actividade principal que desenvolvemos na cooperativa é a instalación e reparación naval e industrial, e instalación e mantemento de calefacción, fontanaría e gas.

Durante todos estes anos gañamos en experiencia e evolucionamos como empresa procurando un obxectivo: que onoso traballo sexa cada día máis competitivo e de maior calidade.

Somos especialistas na reparación e instalación naval de todo tipo de motores mariños, reductoras, depuradoras, bombas, maquinaria de pesca, bancadas para grupos electróxenos… Mecanizado propio. Dispoñemos de torno para grandes dimensións.

Como parte fundamental da nosa estratexia en Renavi só contamos con proveedores de primeira liña, engadindo á eficacia e á puntualidade do noso servizo a garantía e a fiabilidade dos productos.