DIVULGACIÓN COOPERATIVA


Que é unha cooperativa de traballo asociado?

Definición
Unha cooperativa é unha asociación autónoma de persoas que se unen voluntariamente para facer fronte as súas necesidades e aspiracións económicas, sociais e culturais comúns por medio dunha empresa de propiedade conxunta e democraticamente controlada.

Que é unha cooperativa de traballo asociado?
As cooperativas de traballo asociado teñen por obxecto a prestación do traballo dos socios e socias, proporcionándolles emprego, para producir en común bens e servizos para terceiros. (Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia. www.cooperativasdegalicia.com/normativa/dog.php?bibliotecaPage=2)

As cooperativas de traballo asociado están formadas por persoas naturais con capacidade legal e física para desenvolver a actividade cooperativizada, podendo constituírse e funcionar con tres socios/as.
A capacidade legal para ser socio/a rexerase pola legislación civil e laboral. Os estranxeiros/as poderán ser socios/as de acordo co disposto na legislación específica sobre a prestación do seu traballo en España.