Identidade cooperativa: valores e principios
Declaración de Identidade Cooperativa
(Alianza Cooperativa Internacional, www.ica.coop)
Definición
Unha cooperativa é unha asociación autónoma
de persoas que se unen voluntariamente para facer fronte as
súas necesidades e aspiracións económicas,
sociais e culturais comúns por medio dunha empresa
de propiedade conxunta e democraticamente controlada.
Valores
As cooperativas se basan nos valores de axuda mutua, responsabilidade,
democracia, igualdade, equidade e solidariedade. Seguindo
a tradición fundacional os seus e súas membros
creen nos valores éticos da honestidade, transparencia,
responsabilidade social e preocupación polos/as demais.
Principios
Os principios cooperativos son pautas mediante as cales as
cooperativas poñen en práctica os seus valores.
_______________________________________________
1ro Principio: Adhesión aberta
e voluntaria
As cooperativas son organizacións voluntarias e abertas
para todas aquelas persoas dispostas a utilizar os seus servizos
e dispostas a aceptar as responsabilidades que conleva a adhesión
sen discriminación de xénero, raza, clase social,
posición política ou relixiosa.
2do Principio: Control democrático dos membros
As cooperativas son organizacións democráticas
controladas polas súas e seus membros quenes participan
activamente na definición das políticas e na
toma de decisións. As persoas elixidas para representar
a súa cooperativa responden ante os membros. Nas cooperativas
de base os membros teñen igual dereito de voto (un
membro, un voto), mentras nas cooperativas doutros niveis
tamén se organizan con procedementos democráticos.
3ro Principio: A participación
económica dos membros
Os membros contribúen de maneira equitativa e controlan
de maneira democrática o capital da cooperativa. Polo
menos unha parte dese capital é propiedade común
da cooperativa. Usualmente reciben unha compensación
limitada, se é que a hai, sobre o capital subscrito
como condición de adhesión.
Os membros asignan excedentes para calquera dos seguintes
propósitos: o desenvolvemento da cooperativa mediante
a posible creación de reservas, da cal alomenos unha
parte debe ser indivisible; os beneficios para os membros
en proporción coas súas transaccións
coa cooperativa; e o apoio a outras actividades segundo o
aprobe o conxunto dos asociados.
4to Principio: Autonomía e independencia
As cooperativas son organizacións autónomas
de axuda mutua, controladas polos seus membros. Se entran
en acordos con outras organizacións (incluíndo
gobernos) ou teñen capital de fontes externas, realízano
en termos que aseguren o control democrático por parte
dos seus membros e manteñán a autonomía
da cooperativa.
5to Principio: Educación, entrenamento
e información
As cooperativas brindan educación e entrenamento
aos seus membros, aos seus e súas dirixentes electos,
xerentes/as e empregados/as, de tal forma que contribúan
eficazmente ao desenvolvemento das súas cooperativas.
As cooperativas informan ao público en xeral -particularmente
a xoves e creadores de opinión- acerca da natureza
e beneficios do cooperativismo.
6to Principio: Cooperación entre
cooperativas
As cooperativas serven aos seus membros máis eficazmente
e fortalecen o movemento cooperativo, traballando de maneira
conxunta por medio de estructuras locais, nacionais, rexionais
e internacionais.
7to Principio: Compromiso coa comunidade
A cooperativa traballa para o desenvolvemento sostido da súa
comunidade por medio de políticas aceptadas polos seus
membros.