DIVULGACIÓN COOPERATIVA


Pasos que hai que seguir
Opción 1 :


1.1 Celebración da asemblea constituínte. Estará formada polos promotores e polas promotoras da cooperativa, cun mínimo de catro persoas e nas de traballo asociado tres.

1.2. Elixir na asemblea o presidente ou a presidenta e o secretario ou a secretaria entre as persoas promotoras.

1.3. A asemblea constituínte debe deliberar e chegar a un acordo sobre os seguintes temas:

Nomear o/s xestor/es e/ou a/s xestora/s (persoa ou persoas encargadas pola asemblea para facer todas as tramitacións e xestións oportunas para constituír a cooperativa).
Definir a clase de sociedade cooperativa que se pretende constituír e o seu nome.
Aprobar o proxecto de estatutos sociais da sociedade cooperativa.
Nomear as persoas que, unha vez inscrita a cooperativa, van formar parte dos seus órganos de goberno: presidente ou presidenta, vicepresidente ou vicepresidenta, un interventor ou unha interventora como mínimo e o secretario ou secretaria.
Nomear as persoas que outorgarán a escritura de constitución.
Decidir a forma e os prazos nos que se desenvolverán os pagamentos do capital social.
Aprobar as achegas que non son en diñeiro, se as houbese.

1.4. Recoller os acordos anteriores nunha acta, certificada polo secretario ou pola secretaria, co visto e prace do presidente ou da presidenta da asemblea.

1.5. Nesta acta figurará a relación de socios promotores e socias promotoras:

Nome, apelidos, idade, estado civil e DNI.
Profesión, domicilio e nacionalidade.
Razón social, C.I.F., domicilio e nacionalidade se son persoas xurídicas.
Clase de explotación da que as persoas promotoras son titulares, cando, por razón da clase de cooperativa da que se trate, sexa requisito para ser socio ou socia.