DIVULGACIÓN COOPERATIVA


2.1. Unha vez decidido o nome da futura sociedade cooperativa, o xestor ou a xestora tramitarán a solicitude de certificación negativa do nome, dirixida a:

Dirección Xeral da Economía Social, do Traballo Autónomo e do Fondo Social Europeo
Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais
Rexistro de Cooperativas-Sección Central
R/ Pío Baroja, nº 6 Teléfono: 91 4 090 941
28071-MADRID
www.mtas.es/empleo/economia-soc

É conveniente incidir na importancia desta solicitude, xa que en todos os trámites posteriores exixirase a certificación negativa do nome. A denominación resérvase durante seis meses a favor da cooperativa que a solicita.

2.2. Unha vez aprobado o proxecto de estatutos sociais, o xestor ou a xestora dirixirá unha solicitude, co fin de obter a cualificación previa do proxecto de estatutos, a:
Rexistro de Cooperativas
Delegación Provincial da Consellaría de Traballo da Xunta de Galicia

Axuntar:
orixinal e dúas copias da acta da asemblea constituínte
orixinal e dúas copias dos estatutos
certificación negativa do nome da sociedade cooperativa