3.1. Ao obter a cualificación
previa dos estatutos, procederase a outorgar ante a notaría
a correspondente escritura pública de constitución,
que recollerá :
A acta de constitución.
Relación de promotores e/ou promotoras (co DNI, domicilio
e profesión).
Manifestación de que todas as persoas promotoras reúnan
os requisitos para adquirir a condición de socios e
socias da sociedade cooperativa.
A vontade de fundar unha sociedade cooperativa, da clase da
que se trate.
Os estatutos da sociedade cooperativa, coa anotación
de se xa foron previamente cualificados.
Manifestación das persoas outorgantes de que o importe
total das achegas desembolsadas polas persoas promotoras non
é inferior ao capital mínimo estabelecido estatutariamente
e que todas elas desembolsan como mínimo o 25% da súa
achega ao capital social.
Expresión das persoas que, unha vez inscrita a sociedade
no Rexistro de Cooperativas, han ocupar os distintos cargos
no primeiro consello reitor, así como as dos interventores
ou das interventoras.
Declaración das persoas anteriores de que non están
incursas en prohibicións ou incompatibilidades descritas
no art. 48 da Lei de cooperativas de Galicia.
Valoración das achegas que non son en diñeiro,
se as houbese; ademais dunha relación das achegas realizadas
polos distintos promotores ou polas distintas promotoras.
Declaración de que non existe outra sociedade cooperativa
coa mesma denominación, acompañada da certificación
correspondente.
3.2. Liquidación
do Imposto de Transmisións Patrimoniais, que se saldará
a cero por estar exenta do seu pagamento. Para isto, entregarase
unha copia simple da escritura pública, alén
de presentar a copia autorizada e o modelo 600 debidamente
cuberto na:
Delegación Provincial
da Consellería de Economía e Facenda
Sección de Transmisións Patrimoniais e Actos
Xurídicos Documentados
3.3 Unha vez liquidado
o Imposto de Transmisións Patrimoniais, pódese
solicitar o CIF, que será necesario para que a sociedade
cooperativa poida realizar calquera tipo de actividade. Para
isto, precísase presentar a seguinte documentación
na administración de facenda á que pertenza
o domicilio da sociedade cooperativa:
o impreso modelo 036 cuberto
debidamente
a copia autorizada e unha simple da escritura pública
da sociedade cooperativa
unha copia da liquidación do Imposto de Transmisións
Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados selada