OS
NOSOS OBXECTIVOS XERAIS
1| Promover os lazos de colaboración entre cooperativas (intercooperación) e con
outras organizacións da economía social.
2| Fomentar o cooperativismo de traballo asociado como fórmula de desenvolvemento
económico e social perante a sociedade galega.
3| Impulsar un cooperativismo anovador, con presencia en sectores emerxentes, de
alto valor engadido e novas tecnoloxías.
4| Promover a mellora na organización e xestión das cooperativas de traballo asociado,
facilitanto e financiando servicios de asesoramento, de verificación de contas
e de asistencia xurídica e técnica, así como outros servicios que puideran ser
convenientes ou necesarios para os nosos membros.
5| Ser entidade representativa en materia de creación de emprego e
mellora das condicións laborais no mercado de traballo.
6|
Representar e defender os intereses das cooperativas asociadas perante
entidades públicas e privadas.
7| Acadar representación nas entidades financeiras de economía social.
8|
Realizar mediacións e conciliacións e exercer calquera actividade de
natureza análoga.
9| Fomentar a promoción
e formación cooperativa.
SOBRE AS NOSAS METAS MÁIS INMEDIATAS:
O PLANO DE XESTIÓN DA UNIÓN A CURTO PRAZO
1| Fomentar o coñecemento mútuo e as relacións comerciais entre as cooperativas de traballo asociado galegas, que se plasmará en: Elaboración dun directorio cos servicios que presta cada cooperativa de cara á intercooperación.
Contratación conxunta de servicios por parte das cooperativas, é dicir, mancomunar servicios.
Captación de novas cooperativas socias.
2| Promover a nosa integración en redes de colaboración con outras asociacións de cooperativas galegas, que se concreta na adhesión á Federación de Cooperativas Sinerxia, entre outras posibles.
3| Desenvolver a política de comunicación da Unión, que se materializará en:
Ter presencia en distintos foros: desde xornadas, congresos, ou seminarios ata o Consello Galego de Cooperativas - COGACO -, Consello Económico e Social ou Consello de Relacións Laborais, entre outros posibles.
Presencia nos medios de información.
4| Elevar a cualificación profesional en base á implementación de programas de formación e asesoramento acaídos ás necesidades das cooperativas de traballo asociado, que se traducirá en:
Programas formativos.
Asesoramento xurídico e financeiro.
5| Afrontar e resolver problemáticas concretas das cooperativas de traballo asociado, como son:
Negociación coa administración galega da porcentaxe máxima de asalariados-as a contratar polas cooperativas de traballo asociado establecida na Lei de Cooperativas de Galicia.
Explorar a posibilidade de se integrar no COGACO.
Defender os intereses das cooperativas asociadas en relación á concesión de axudas ó cooperativismo da administración galega.