Obxectivos
 



   Segundo ten recoñecido a Unión Europea por primeira vez no Consello de Lisboa do ano 2000 e a posteriori coa publicación do Libro Verde sobre o Espíritu Emprendedor existe unha materia pendente cos máis xoves/nas e é o de lle inculcar un espíritu máis emprendedor.

Os obxectivos xenéricos do programa serán:

a) Introducir unha serie de pautas e coñecementos que abran horizontes e outras opcións de empregabilidade no marco laboral.
b) Achegar aos centros de formación regrada a nosa experiencia profesional cooperativa.
c) Poñer a disposición do alumnado, como lugar de práctica profesional, o espazo empresarial cooperativo: as empresas cooperativas.
d) Ofertar ás cooperativas a posibilidade de trasferir ou contribuír á formación e práctica profesional desde o mundo cooperativo.

   Son maneiras de contribuír ao fomento do emprendemento cooperativo, ao coñecemento e á visibilización do contorno cooperativo en Galicia, como sector dun importante peso socioeconómico na comunidade, que ofrece e ten as posibilidades de ser un modelo de desenvolvemento.


INSCRICIÓNS                                                                                                            www.eixo.info