Dende outubro de 1999, e no seo da Federación de Cooperativas Sinerxia, un grupo de cooperativas de traballo asociado sentimos a necesidade de crear unha nova estructura representativa -no panorama do asociacionismo cooperativo galego, que respostase ás nosas necesidades e particularidades, tanto no plano político como empresarial.
 
A medida que foi avanzando o proceso de constitución da Unión, novas cooperativas externas a Sinerxia fómonos sumando ó compromiso de impulsar este proxecto asociativo e de intercooperación. Quenes participamos na promoción da Unión -as cooperativas co apoio técnico de Sinerxia- estructuramos o proceso en tres fases de traballo:
 
         
  
1| Realizamos un diagnóstico da situación do cooperativismo no Estado en xeral, e en Galicia en particular, con especial atención ó cooperativismo de traballo asociado, de cara a definir un marco xeral de aspiracións e orientacións para o conxunto do sector.

2| A raíz do diagnóstico desenvolvimos unha serie de liñas concretas, que desembocaron na elaboración dun plano estratéxico - no longo prazo- e un plano de xestión - no curto prazo.

3| A continuación preparamos os correspondentes trámites administrativos e burocráticos para a nosa legalización e constitución formal.

As tarefas de planificación e legalización da Unión extendéronse ó longo de sete meses, quedando plenamente constituídos no ano 2000.